"La fermesa d'un somriure" Sebasti脿 Serra, en la mem貌ria
 
EL PEU, FITER; LA MIRADA, ATREVIDA
veure totes

Palma
Mallorca
Menorca
Eivissa
Grup parlamentari
Consell de Mallorca


 

El PSM opina. 01/12/2002

Nunca M谩is!

* Text 铆ntegre del manifest llegit per l鈥檈scriptor Manuel Rivas a la Pla莽a de l'Obradoiro

Aqu铆 est谩 a dignidade, aqu铆 est谩 a conciencia libre, aqu铆 est谩 un pobo vivo, aqu铆 est谩 a honra de Galicia.

Si, gracias irm谩ns:

N贸s tam茅n invocamos hoxe aqu铆 a protecci贸n do Santiago Ap贸stolo, de Prisciliano, de Santo Andr茅s de Teixido, da Virxe do Carme, nai e se帽ora da xente do mar, pero invocamos sobre todo a forza do pobo, a capacidade c铆vica, democr谩tica, de n贸s mesmos para afrontar responsablemente e con coraxe esta situaci贸n de emerxencia, sen que se nos oculte a realidade, sen que se secuestre informaci贸n, sen que se falte 谩 dignidade pretendendo acalar as verdades cun tintinar de moedas.

Si, gracias irm谩ns:

Gracias a todos os que vi帽estes do Eo ao Mi帽o, gracias especialmente 谩s familias do mar que est谩n aqu铆, co peso da dor e destas noites de vixilia sobre os seus ombros, e gracias tam茅n moi especiais a humanidade sensible, alterta ao sufrimento da xente e da destrucci贸n da natureza, que dende todo o mundo ten enviado o seu abrazo solidario e amosa o seu noxo e horror polo que acontece no mar de Galicia. Un mar fonte de vida, un excepcional ecosistema, o m谩is precioso horto da creaci贸n, vela铆 o tedes, en permanente ameaza, convertido nun vertedoiro de velenos, machacado polo cobiza duns e o desleixo, o abandono doutros.

Convocados aqu铆, dunha maneira libre e unitaria, en marea c铆vica fronte 谩 marea negra do Prestige e na crise e na emerxencia en que Galicia est谩 asolagada:

Esiximos a declaraci贸n de Galicia como zona catastr贸fica. Tr谩tase dun desastre de dimensi贸ns nacionais. C贸mpre, pois, a inmediata dotaci贸n de recursos de todo tipo para reparar as graves consecuencias econ贸micas sociais, medio ambientais e para a sa煤de provocadas por este sinistro. O que precisa Galicia non son remendos paliativos sen贸n plans a longo prazo que contemplen o binomio tan estreitamente relacionado de protecci贸n do medio ambiente e o emprego e benestar da poboaci贸n.

As instituci贸ns espa帽olas, a Comunidade Europea e os organismos internacionais deber铆an contemplar tam茅n a existencia do que poder铆amos chamar unha D茅beda Hist贸rica de Cat谩strofes, pois temos sufrido xa seis deste tipo e de grav铆simas dimensi贸ns en trinta anos, e 茅 unha responsabilidade a asumir polas instituci贸ns galegas o demandar esas compensaci贸ns hist贸ricas. Non s贸 quen contamina debe pagar sen贸n tam茅n quen obtivo e quen obt茅n beneficios, as petroleiras, deber铆an pagar.

Reclamamos para Galicia a posta en marcha de mecanismos de prevenci贸n que impidan que a cat谩strofe vaia en aumento, coa posta a disposici贸n dilixente dos medios econ贸micos e lox铆sticos para impedir a contaminaci贸n de novas zonas, a intensificaci贸n nas xa contaminadas e a limpeza e restauraci贸n medioambiental na costa.

Reclamamos para Galicia a adopci贸n de medidas determinantes, ben concretas, por parte do Goberno central e da Xunta para que feitos coma este non se volvan repetir nunca m谩is. Medidas para impedir xa, e 茅 o momento agora, por respecto ao loito do mar, o paso de buques que non re煤nan garant铆as de seguridade, apartar o corredor mar铆timo e establecer un control estricto do tr谩fico e do almacenamento de mercador铆as peligrosas.

Reclamamos para Galicia a dotaci贸n dun verdadeiro dispositivo de salvamento, dun plan de emerxencia e dun operativo de reacci贸n inmediata para loitar contra a contaminaci贸n mari帽a, con remolcadores axeitados e con buques anti-contaminantes. Aqueles que presumen de potencia mundial, 驴non se lles cae a cara de vergo帽a ao ver que a铆, cunha nova marea negra nas nosas costas, non hai un s贸 buque anti-contaminante con pavill贸n espa帽ol?

Reclamamos para Galicia a ubicaci贸n inmediata nesta costa da Axencia Europea para a Seguridade Mar铆tima.

Reclamamos dende Galicia que se impulse unha lexislaci贸n internacional que acabe con este tipo de capitalismo delincuente, amparado na comenencia e nos para铆sos fiscais, que estragan a vida dos pobos e dos verdadeiros para铆sos do mar e da terra.

E rematamos:

O sinistro do Prestige e o ocorrido despois pon en evidencia dun xeito inapelable a inexistencia de medidas de prevenci贸n axeitadas, a ausencia de plans de emerxencia para facer fronte a este tipo de cat谩strofes, a improvisaci贸n e a descoordenaci贸n nas tarefas de salvamento e de loita contra a contaminaci贸n e a total escaseza de recursos t茅cnicos e humanos para facer fronte a este tipo de situaci贸ns.

Denunciamos as responsabilidades derivadas destas deficiencias.

Reclamamos a dimisi贸n das autoridades que coa s煤a ineficacia e irresponsabilidade non souberon impedir que o accidente tivese as peores consecuencias. Dic铆molo no c贸digo do mar: Delta India Mike India Sierra India Oscar November: Dimisi贸n. 脡 nas situaci贸ns cr铆ticas cando os gobernantes te帽en que estar a car贸n do pobo, informando realmente, nos medios e no Parlamento, e activando os recursos dun pa铆s.

Polycommander, Urquiola, Erkowit, Andros P谩tria, Cas贸n, Mar Exeo..., e agora Prestige. Xa non queremos contar m谩is. Xa abonda. Xa estamos petroleados deica as praias da alma. Galicia, mobilizada de exemplar conseguiu nos anos oitenta que se pechara o vertedoiro de residuos radioactivos, o cemiterio nuclear fronte 谩 costa de Fisterra. Pois ben. Hoxe dicimos: NUNCA M脕IS. Que non se desprece m谩is este S.O.S. dun pobo canso de aturar e de sufrir. Que se escoite en Santiago, Madrid e Bruxelas. Que se escoite onde se te帽a que escoitar.

Galicia 茅 hoxe a humanidade que berra: 隆Nunca m谩is!




      

 

 




PSM Entesa Nacionalista - Avís legal                  Desenvolupat per: